A metodoloxía
Variables seleccionadas e umbrais
Nivel de risco e umbrais
As variables indicadas na sección anterior foron as seleccionadas, en diferente combinación tal e como se indica no apartado seguinte, para caracterizar a capacidade de acollida do territorio para as catro producións obxecto de estudo. Ademais establecéronse catro niveis de aptitude para cada un dos sectores asociados ao risco previsto na implantación da produción. Así, para cada produción, unha zona pode ser considerada non apta, de risco alto, medio ou baixo. Un maior risco indica unha probabilidade máis alta de que algunha das variables consideradas para o sector acade nalgún momento un valor crítico que afecte de xeito sensible aos resultados produtivos. Polo tanto, as zonas con risco baixo serían as máis aptas para acoller esa produción. Nos seguintes apartados a denominación será como zonas tipo A para as de risco baixo, B para as de risco medio e C para as de risco C. As zonas non clasificadas nalgunha destas categorías por parte do algoritmo de búsqueda serían non aptas para a produción de que se trate.
Estudio e definición das variables e capas de información
Índice
As zonas piloto de horta sitúanse na comarca do Salnés, en Pontevedra, e na zona da Mariña Lucense.
A hora de definir as zonas idóneas para este cultivo establecéronse tres niveis de risco, empregando para cada un deles un rango diferente das mesmas variables, que poden verse na seguinte táboa:
|
A |
B |
C |
Pendente (calculados sobre o MDT25 do Instituto Geográfico Nacional) |
0-10 % |
10 –20 % |
20 – 30 %
|
Mapa_dixital_capacidade_solo Diaz Fierros |
A para millo |
B para millo |
C e D para millo |
pH solos |
5 - 7 |
5-7 |
Resto |
nº dias consecutivos no ano con SCHS húmida e Tª solo>8C |
>180 |
120 – 180 |
<120 |
Días acumulados SCHS seca a Tªsolo>5ºC |
<40
|
40- 60 |
>60 |
Aínda o algoritmo emprega as categorías A, B, C e D para millo según o Mapa de Capacidade Produtiva do Solo (Díaz-Fierros, 1984), nas áreas piloto só aparece a categoría A para millo, polo que esta variable non é discriminante nesas áreas.
Pode darse o caso de pendentes inferiores a 10% que non cumpran o resto de parámetros para A e que pasen a clasificarse como B, se cumpren os de B, ou como C. O mesmo para pendentes entre 10 e 20% que non cumpran co resto de parámetros de B.
Unha vez obtido o resultado clasificado, eliminánse as xeometrías procedentes do SIXPAC, clasificadas como ZU (zona urbana), CA (viais), ED (edificacións), AG (auga) e IM (improdutivo).
No caso do viñedo, optouse por traballar con variables que son dificilmente modificables por medios mecánicos, centrándose case exclusivamente na orientación e na altitude. Cada unha delas con valores diferenciados en función da localización de cada unha das zonas piloto. Tamén se tivo en conta a pendente. Descartouse incluír outras variables como:
- Insolación: as zonas piloto están por riba das 2000 horas de insolación e non se considera que poda ser limitante para o cultivo.
- Pluviometría: sería crítico na implantación, e podería controlarse con rego.
- Encharcamento: Debería analizarse a nivel de parcela e preverse drenaxes si fora necesario.
- Vento: Entendendo que a orientación condiciona a súa maior ou menor incidencia.
Denominación de Orixe do Ribeiro (DO Ribeiro)
Como xa se comentou anteriormente, traballouse con tres variables principais. No caso desta DO o cultivo de viñedo estendese entre os 75 e os 400 metros de altitude(Ligazón), o seu clima peculiar fai que a variable de altitude xunto coa orientación sexan determinantes na selección de solos aptos para a implantación das súas variedades.
Establecéronse tres niveis de risco cos seguintes valores:
|
A |
B |
C |
Pendente |
0-25 % |
25 – 35 % |
26 – 50 % |
Orientación |
270-360 |
180-260 + 270-360 (se non A) |
135-180 e 0-45 + (180-260 + 270-360) se non A ou B |
Altitude |
<450 |
<450 |
<450 |
Unha vez obtido o resultados clasificado, elimináronse as xeometrías procedentes do SIXPAC, clasificadas como ZU (zona urbana), CA (viales), ED (Edificaciones), AG (Agua) e IM (improductivo). A cartografía resultante é a que o visor devolvería como resultado.
Val do Ulla
Situada no norte da DO das Rias baixas, como no resto das subzonas, os terreos por onde se estende o cultivo raramente superan altitudes de 300 m.
Descartáronse as áreas con altitudes superiores a 300 metros, e dentro das que teñen un valor igual ou inferior a 300, descartaronse as de orientación norte (valores entre 45 e 135), empregándose o resto de valores e a pendente para a reclasificación en nivel de risco A, B ou C.
|
A |
B |
C |
Pendente |
<=30 |
<=50 |
Indiferente |
Orientación |
270-360 |
180-269 + 270-360 (se non A) |
135-180 e 0-45 + (180-260 + 270-360) se non A ou B + 45 - 135 se pdt < 10% |
Altitude |
<300 |
<300 |
<300 |
Unha vez obtido o resultados clasificado, elimináronse as xeometrías procedentes do SIXPAC, clasificadas como ZU (zona urbana), CA (viales), ED (Edificaciones), AG (Agua) e IM (improductivo). A cartografía resultante é a que o visor devolvería como resultado.
DO Valdeorras
Descartáronse as áreas con altitudes superiores a 600 metros, e dentro das que teñen un valor igual ou inferior a 600, descartaronse as de orientación norte (valores entre 45 e 135), excepto se teñen un valor de pendiente inferior ó 10%.
A clasificación en nivel de risco A, B ou C queda como se indica na seguinte táboa:
|
A |
B |
C |
Pendente |
<50 |
<50 |
Indiferente |
Orientación |
270-360 |
180-260 + 270-360 (se non A) |
135-180 e 0-45 + (180-260 + 270-360) se non A ou B + 45 - 135 se pdt < 10% |
Altitude |
<350 |
<450 |
<600 |
Unha vez obtido o resultados clasificado, elimináronse as xeometrías procedentes do SIXPAC, clasificadas como ZU (zona urbana), CA (viales), ED (Edificaciones), AG (Agua) e IM (improductivo). A cartografía resultante é a que o visor devolvería como resultado.
No caso do cultivo de Kiwi, optouse por traballar con tres variables:
- Altitude, onde se seleccionaron valores inferiores a 200 metros sobre o nivel do mar, para determinar as zonas de menor risco cara a implantación do cultivo.
- Réxime hídrico, empregando como referencia o mapa dixital de capacidade produtiva dos solos de Galicia, e seleccionando as clases 5 e 6 que se describen no seguinte cadro:
- Réxime de xeadas é o que proporciona o mapa dixital de capacidade produtiva dos solos de Galicia e que está clasificado como mostra o seguinte cadro:
A clasificación, para as zonas piloto, en nivel de risco A, B ou C quedou definida como se indica na táboa:
|
A |
B |
C |
Altitude |
< 200 |
< 200 onde réxime hídrico distindo de 5 ou 6 |
|
Réxime hídrico |
5 - 6 |
5 – 6 onde altitude >200m |
|
Réxime de Xeadas |
|
|
L |
Clasificouse como A, aquelas zonas situadas por debaixo dos 200 metros de altitude, con réxime hídrico 5 ou 6, como B as zonas non clasificadas como A con altitude inferior a 200 metros ou réxime hídrico 5 ou 6, e como C as zonas non clasificadas como A ou B con réxime de xeadas limoeiro.
As zonas piloto sitúanse en Agolada e Rodeiro, dous dos concellos con maior densidade de gando porcino de Galicia.
As variables empregadas veñen definidas pola lexislación vixente, que esencialmente regula a distancia a outras explotacións, así como ós núcleos e vivendas illadas.
- Real Decreto 306/2020, de 11 de febrero, por el que se establecen normas básicas de ordenación de las granjas porcinas intensivas, y se modifica la normativa básica de ordenación de las explotaciones de ganado porcino extensivo. Colleuse como distancia mínima entre explotacións 1 km, que é a que aparece recollida no Anexo V para explotacións de grupos segundo e terceiro entre elas e co grupo primeiro, obviando a posible existencia de explotacións de distancia ampliada ou a existencia de centros de concentración.
- Lei 2/2016, de 10 de febreiro do solo de Galicia. Artigo 39 g), onde se indica que as novas explotacións gandeiras sen base territorial non poderán situarse a unha distancia inferior a 500 metros dos núcleos rurais ou urbanos e a 100 metros da vivienda máis próxima, salvo que o planeamento municipal motive, en atención ás circunstancias propias do territorio, outras distancias diferentes. No caso das vías públicas, optouse pola eliminación da cartografía clasificada como ZU (zona urbana), CA (viales), ED (Edificaciones) e AG (Agua) no SIXPAC, sabendo que aínda sería preciso calcular unha distancia de 100 metros a ferrocarril, autovía, autopistas e Rede Nacional e de 25 metros a calquera outra vía pública (a excepción daquela pola que se accede directamente a explotación).
|
A |
B |
C |
Distancias a outras explotacións |
1400 |
1200 |
1000 |
Núcleos |
900 |
700 |
500 |
SIXPAC: edificacións + Volumes edificados de Catastro |
100 m |
100 m |
100 m |
Non se incluíu nos cálculos a posible afección a elementos patrimoniais, augas, así como outras afeccións sectoriais, que deberán ser analizadas máis en detalle a nivel de parcela, como sucede coa parcela mínima para edificar, a ocupación máxima ou a separación a lindeiros e ou camiños. Porén, o visor SIX-Web integra capas de información que permiten inferir parcialmente a existencia dalgunha desas afeccións. O usuario, en base ao resultado preliminar proporcionado polo algoritmo, pode polo tanto completar a análise superpoñendo outros niveis de información complementaria para afinar a súa pesquisa.