O proxecto
SixTuaTe é un proxecto piloto cofinanciado pola Consellería de Medio rural a través dos fondos europeos FEADER. Busca servir de axuda á toma de decisións para as novas ubicacións de explotacións agrarias de sectores relevantes.
Está centrado en ser unha ferramenta de axuda ás novas incorporacións á actividade agraria ou a agricultores e gandeiros que buscan novas zonas onde establecer unha explotación, fora da súa zona de orixe. Situacións onde os datos de sistemas de información xeográfica, sobre as variables máis relevantes en cada sector produtivo, poden ser de gran axuda para atopalas mellores situacións, ou cando menos, as zonas onde as producións sexan viables e así centrar nelas a búsqueda de parcelas.
O proxecto é unha iniciativa da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), que o coordina, xunto ca asistencia técnica do grupo LaboraTe da Universidade de Santiago de Compostela.